Diego Mariño, experiencia e eficacia para a portaría da Granada

O cérbero galego encontro acomodo nos Cármenes despois de terminar a súa etapa no Almería.


|

Diego mariño
Foto: Sporting de Xixón

 

Os paus da portaría do Selecta CF caeron en mans expertas. Diego Mariño, un dos porteiros máis contrastados na división de prata, foi presentado como novo xogador do cadro branquivermello, que incorpora ao vigués despois dos problemas que ten no arco polas lesións de Luca Zidane e a falta de confianza do adestrador Guillermo Abascal en Marc Martínez. Coa súa fichaxe, o cadro nazarí trata de apontoar a meta acudindo a un dos futbolistas máis contastados en Segunda División.

 

E é que Mariño é un dos nomes propios da categoría de prata. Aínda que con experiencia en Primeira División no Real Valladolid e Levante, a súa carreira afianzouse gardando as chaves da porta do Molinón. No Sporting de Xixón foi un ídolo durante máis dun lustro no que se converteu nun dos futbolistas máis queridos da afección asturiana. Dos máis destacados porteiros de Segunda, o Almería reforzouse con Mariño no inverno de 2023, aínda que o seu paso por terras almerienses non foron do todo satisfactorias: apenas tres partidos en ano e medio e un descenso. 

 

Sen espazo nun Almería con demasiadas fichas, o galego terminou o seu ciclo nos Xogos do Mediterráneo para enrolar noutra escuadra andaluza, esta vez en Granada, outro serio candidato ao ascenso. No entanto, coincidir no equipo no que milita o seu paisano Pablo Insua non foi unha decisión sinxela, xa que había outros opositores á promoción interesados no seu servizo, como o Elxe, que buscaba experiencia para a portaría do Martínez Valero.  

 

Con case 300 partidos en Segunda, Mariño ten unha nova oportunidade para demostrar que é un dos máis fiables do país. Sou contrato termina en xuño e, para entón, a súa esperanza é estar a celebrar o ascenso que se lle resistiu en Xixón e ser unha das figuras do Selecta, roubando a titularidade a Zidane e Martínez. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE