O Barça gaña nos minutos finais para non perder corda coa "luva branca" do Real Madrid
A 21 Xornada estivo marcada pola polémica e as remontadas na zona alta da táboa. Os de Xavi, que non poden permitir máis tropezos, pasaron da tranquilidade ao drama en cuestión de tres minutos, o tempo que tardou Isco en igualar os dous primeiros goles de Ferran. Joao Félix adiantou de novo aos culés nos minutos finais e Ferran puxo o definitivo 2-4.
Mentres, na liga do que se fala é do VAR e das polémicas decisións tomadas no Santiago Bernabéu, onde o Madrid empezou perdendo 0-2 ante o pechacancelas un partido que gañaría por 3-2 no minuto 98.
Goles anulados, un gol co brazo, expulsións...aspectos que hoxe están na fala da xente xunto coa palabra "roubo" coa que acusan os brancos. O que gañou sen maior problema foi o Xirona, que se mantén líder ao golear 5-1 ao Sevilla.
Escribe o teu comentario