As primeiras neves do ano na montaña ourensá tinguen de branco a estación de Manzaneda

A Estación de Montaña de Manzaneda amenceu cuberta pola neve, pero aínda non abrirán as pistas de esquí.


|

Manzaneda nieve
Foto: Estación de Montaña Cabeza de Manzaneda

 

A Estación de Montaña de Manzaneda ofrecía este venres unha preciosa postal invernal con motivo das primeiras neves do 2024 na cabeza de Manzaneda. As temperaturas caeron en toda a provincia e esta madrugada Melchor, Gaspar e Baltasar terán que abrir paso entre a neve que cobre as pistas de esquí, que con todo aínda permanecen pechas.

 

"Seguimos traballando ao 200% para abrir canto antes, aínda que de momento toca esperar un pouquiño máis", sinalan desde a Estación de Montaña, onde aínda teñen que pór a punto a maquinaria para poder ofrecer unha experiencia plena nos deportes invernais.

 

 

 

A neve é unha moi boa noticia para a actividade económica nesa zona de Ourense, que se ha reinventado nos últimos anos para ofrecer moito máis que esquí. De feito, nestes momentos, aínda que os telesillas permanecen parados, a Estación de Montaña ten operativo o seu spa e a súa piscina, así como os seus servizos de restauración.

 

Precisamente, en 2023 Manzaneda pechou o ano cun gran número de eventos deportivos, que van desde o trial até as probas de carga e recate que se celebraron coa Protección Civil de Trives e Manzaneda, pero tamén cos concertos de verán. En calquera caso, os operarios confían en que siga nevando nos próximos días para ampliar o número de actividades.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE