O trotamundos Angeliño afúndese no Bósforo e non volverá xogar co Galatasaray
O lateral galego, que se xoga un partido máis fichará inmediatamente polos de Istambul, buscará equipo en xaneiro.
De Coristanco á cidade da Coruña. De alí a Manchester. Logo Nova York. E Mallorca, Bred, Eindoven, Xirona, Leipzig, Sinsheim... A vida de Angeliño foi un facer e desfacer caixas, con mudanzas a un continente e a outro. O pasaporte do galego está cheo de selos e podería completalo cun máis, porque a súa última experiencia, no Galatasaray turco, non ha saíde como esperaba nin o lateral nin moito menos o conxunto otomán, que non volverá aliñar ao defensor.
O correcaminos de Coristanco chegou a beiras do Bósforo cedido desde o Leipzig, que aínda ten a ficha en propiedade do xogador. Sen sitio no Red Bull, onde conquistou unha Copa de Alemaña, saíu, unha vez máis cedido en busca de minutos. O seu destino foi Turquía, onde entrou con bo pé pero cunha cláusula no contrato que o condenou ao banco ou a bancada: se xoga 20 partidos pasará a ser propiedade do Galatasaray, que se deixaría 6 millóns na súa contratación.
Aínda que visto o mercado ese é un prezo máis que asumible para un xogador das súas características, a realidade é que el Galata non parece disposto a desembolsar ese montante no galego, que con 19 partidos ás súas costas este curso non volverá vestir a camiseta do equipo que dirixe Okan Buruk.
Así as cousas, Angeliño terá que embalar de novo todas as súas pertenzas e saír de Istambul rumbo a un novo equipo. Todo dependerá das negociacións que manteñen hoxe Leipzig e Galatasaray, que buscan pór fin á relación contractual ou a opoción de que o cadro alemán anule a condición da fichaxe obrigatoria. En calquera caso, non faltarán noivas para o lateral zurdo, que terá que buscar unha nova casa e unha nova camiseta para o ex do City, #PSV, NAC, Hoffenheim... Outra folla cuberta no pasaporte de José Ángel Esmoris Tasende.
Escribe o teu comentario