Imanol Idiakez asegúrase comer o turrón en Riazor, pero non as uvas
O técnico de San Sebastián aguantarase no posto, polo menos, até o parón, pero non ten asegurada a continuidade en 2024.
Dúas vitorias en mes e medio é un valance demasiado pobre para un equipo feito para aspirar a cotas máis altas. O Deportivo da Coruña non regala un vitoria en casa aos seus afeccionados desde o pasado 11 de novembro e co empate ante o Sestao River volve complicarse a vida nun escenario no que o filal do seu eterno rival, o Celta B, marcha primeiro na clasificación e a nove puntos dos branquiazuis. As comparacións resultan odiosas e en Riazor máis dun sinala a Imanol Idiakez como responsable da deriva dun equipo que este curso non deu coa tecla e que se atopa detrás de Lugo ou Arenteiro, sendo o equipo galego peor clasificado e con oito puntos de colchón con respecto ao descenso.
Os pupilos de Idiakez non pasaron da igualada ante un Sestao River que marcha antepenultimo e que parece condenado ao descenso. Os herculinos sacaron nove puntos do últimos quince disputados, e aínda que non perden en liga desde o 3-0 ante o Irún de principios de novembro, a sensación é que cada vez perden máis corda co grupo da cabeza.
En calquera caso, e aínda que o posto do técnico de San Sebastián estaba en dúbida tras o último empate, o certo é que a súa continuidade parece garantida ante o Arenteiro. A visita ao Carballiño este fin de semana é a última bala do Dépor antes de final de ano. Logo, xa en 2024, tocará recibir á Real Sociedade B, outro dos cocos de Grupo 1, para abrir o ano.
O donostiarra sentará no banco de Espiñedo, pero poida que non volva ao de Riazor se non ofrece unha imaxe radicalmente oposta á mostrada este fin de semana. "Non podo explicar que pasou", admitía no postpartido, completamente perdido ante a prensa. Sen solucións, a directiva explora alternativas, aínda que a día de hoxe nin son moito mellores nin resultan economicamente satisfactorias. O vestiario parece ir a matar co adestrador, que con todo non consegue arrincar o mellor dos seus raparigos, abocados a decepcionar á bancada en cada encontro como local. En xaneiro comezará o baile de nomes, con entradas e saídas no persoal coruñés. A incógnita é si será Idiakez o que lles abra ou lles peche a porta.
Escribe o teu comentario