O CD Burela FS advirte dunha estafa na que se pide diñeiro en nome do club a través de chamadas a colaboradores

Desde o club lembran que "nunca se solicita solaboración económica pedindo número de conta bancaria nin bizum"


|

400544691 18376296538070271 5180342591871966741 n
O club deportivo Peixes Rubén de fútbol sala de Burela alertou sobre unha posible estafa / Foto: Peixes Rubén Burela FS

O club deportivo Peixes Rubén de fútbol sala de Burela alertou sobre unha posible estafa solicitando a colaboradores da entidade achegas económicas para unha revista en nome do CD Burela FS.

 

Así o notificou o club en redes sociais, onde detallaron que tiveron coñecemento de que se están producindo chamadas telefónicas pedindo diñeiro a algún dos seus colaboradores.


Ante esta circunstancia, denuncian que se trata dunha estafa e lembran que desde o club "nunca se solicita solaboración económica pedindo número de conta bancaria nin bizum".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE