San Mamés e Mestalla, dúas visitas para relanzar ou afundir definitivamente ao Celta de Benítez
Os celestes mediranse este fin de semana ao Athletic de Bilbao e pechará no mes ante a Valencia nos dous únicos choques que disputarán no que queda de novembro.
Aínda que a polémica segue a lume vivo, en Balaídos non teñen moito tempo para lamerse as feridas. O último atraco a man armada deixa ao Celta de Vigo nunha posición máis delicada, a dous puntos dos postos de salvación. Os vigueses perseguen a salvación no ano do seu centenario pero nada parece virlle de face ao club vigués, que ten por diante un mes máis curto do habitual no que a fútbol se refire, pero decisivo para as aspiracións celestes. Dous enfrontamentos e os dous lonxe do seu feudo, determinantes para saber se o equipo toma aire ou si pola contra segue escavando posicións na táboa.
SAN MAMÉS, CAMPO DE ALEGRÍAS
Os pupilos de Rafa Benítez xogaranse as habichuelas este venres en San Mamés ante un Athletic Club que chega lanzado ao choque. No que vai de campaña os branquivermellos só cederon unha derrota en seis partidos como local. Dous empate -ante Xetafe e Valencia- e tres vitorias na súa gorida permiten aos leóns perseguir os postos de Champions.
No entanto, os números non son do todo malos en Bilbo: desde 2020 o Celta visitou catro veces a cidade e levouse de volta a Vigo cinco puntos. Unha vitoria e dous empates son o balance para un Celta que perdeu a súa condición de invicto o pasado maio, cando caeu por 2-1. Son, iso si, partidos de moi poucos goles, polo que aproveitar as oportunidades e minimizar riscos será fundamental para o éxito celtiña.
Tras este duelo, en Vigo terán dúas semanas para prerar o seu próximo enfrontamento, xa que outro parón de seleccións deixará a Benítez tempo máis que dabondo para estudar aos seus rivais -contanto con que o madrileño chegue á data coa confianza da directiva, que polo momento se mantén intacta-.
BARAJA, ALUMNO E VERDUGO?
O Celta pechará o undécimo mes do ano en Mestalla, ante a irregular Valencia do 'Pipo' Baraja, pedra angular da Valencia que conquistou a liga en 2004 con Benítez no banco valencianista. Os ches están a callar unha moi boa tempada nun proceso de reconstrución que os obrigou a mirar á canteira. Con todo, este ano demostraron ser capaces do mellor, como a vitoria ante o Atletico de Madrid por 3-0, e do peor, como os seus problemas para gañar como visitante -unha única vitoria na primeira xornada ante o Sevilla.
No entanto, é un moi mal negocio para o Celta visitar a cidade do Turia, xa que a última vez que gañou aos valencianistas foi en 2017 e en Copa do Rei -a última vitoria ligueira en Mestalla data de 2016-. Desde entón seis derrotas e un só empate. En Balaídos os números non son moito mellores con só dous triunfos desde 2017. Dous partidos e dúas oportunidades para levantar a cabeza e saír do pozo, pero ante dous equipos que o porán moi difícil. Vencer ou morrer, ao Celta non queda outra opción.
Escribe o teu comentario