Jácome avanza que iniciará os trámites para disolver o Consello Municipal de Deportes de Ourense

Socialistas e nacionalistas reproban a decisión do rexedor, que defende que busca eliminar "duplicidades"


|

El alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, durante la ofrenda del Antiguo Reino de Galicia al Santísimo Sacramento, a 18 de junio de 2023, en Lugo, Galicia (España). La Ofrenda se realiza en la
Arquivo - O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome / Foto: @EP 

O Concello de Ourense iniciará os trámites oportunos para disolver a finais deste ano o Consello Municipal de Deportes e integralo no propio Consistorio.

 

Así o anunciou o alcalde da cidade a través dun comuncicado. Gonzalo Pérez Jácome entende que o organismo autónomo, responsable da xestión do deporte na cidade termal "nunca debeu haber disgregado" do Concello.

 

Para o rexedor ourensán, "o razoamento é moi sinxelo". "Se cremos que o Consello Municipal de Deportes é máis operativo estando separado do Concello, tamén teriamos que ter separado Urbanismo ou Asuntos Sociais ou Infraestruturas", asegurou, engadindo tamén que "teñen máis movemento e persoal que o propio CMD".
 

"DUPLICIDADES E SOLDOS EXTRA"

Considera ademais "un sinsentido" telo disgregado, xa que, afirma, produce unha duplicidade de funcións. "Dobres orzamentos, dobres estabilizacións, dobres RPTs, dobres regularizacións. O que fai falta é eliminar as duplicidades", concluíu o alcalde, que indica que esta integración "permitirá aforrar gastos e facer todo máis operativo".

 

Reprobou ademais que o Consello Municipal de Deportes serve tamén "para pagar soldos extra non só aos políticos senón aos técnicos do Concello, que cando van ás reunións cobran por asistir".
 

REACCIÓNS DE PSOE E BNG

Tras o anuncio de Jácome, pronunciáronse tanto #PSOE como #BNG. Así, desde o Partido Socialista a portavoz municipal, Natalia González Benéitez, recrimina que este anuncio "pantasma" demostra que o alcalde "descoñece totalmente os estatutos do CMD" e tamén "denota o seu nerviosismo" e "a súa conduta errática".

A socialista lembra que nos estatutos do CMD recóllese a consideración do deporte como "dereito, saúde e ben cultural" e que o concello ten infraestruturas deportivas con instalacións, asociacións e entidades que aglutinan o deporte local nos seus máis diversos aspectos.

 

A socialista lembrou que nos estatutos do CMD recóllese a consideración do deporte como "dereito salur

É por iso que ademais, agrega, é o CMD o que se encarga de axilizar os diferentes procedementos e coordinar os investimentos "de modo eficaz desde hai tres décadas", desde o ano 1995.

Lembra, ademais, que o CMD só poderá extinguir por acordo plenario ou a proposta do Consello Reitor mediante acordo por unanimidade e posterior acordo do concello con maioría absoluta dos seus membros, "non pola decisión unilateral e discrecional da Alcaldía". Así pois, critica este anuncio como "outra demostración de que non confía nas persoas ás que delega as áreas de goberno".
 

XESTIÓN "OPACA"

Na mesma liña pronunciáronse os nacionalistas, quen se mostraron contrarios á disolución do CMD e alertaron de que o alcalde "só tenta xestionar o concello de forma opaca e sen render contas á oposición".

"Pretende coartar o noso lexítimo dereito ao control e fiscalización da acción do goberno", asegurou o portavoz nacionalista, Luís Seara, quen defende o CMD como "un instrumento moi válido" por ter autonomía funcional, orzamento propio e capacidade de decisión, o que, asegura, permite axilizar procedementos e sacar adiante proxectos "que doutro xeito levaría moito tempo".

Para o nacionalista "está claro" que o obxectivo "non é buscar unha maior operatividade, senón acaparar o poder e limitar a capacidade da oposición".

Sinala que, "se o problema son as dietas por asistencia", desde a súa formación propoñen a eliminación tanto para os membros da Corporación como para os técnicos que formen parte do Consello Reitor.

Así mesmo, o #BNG advírtelle ao #PP que ten "dúas opcións", permitir a Jácome "que faga e desfaga sendo mera comparsa" ou "porlle fin ao esperpento".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE