O piloto galego Jorge Prado proclámase campión do mundo de MXGP, a categoría reina do motocrós

"É o día máis feliz da miña vida, traballei desde moi pequeno buscando este obxectivo", declarou emocionado o novo campión


|

F6KlAvNXcAALJ2A
Arquivo - Jorge Prado estando a piques de converter en campión mundial MXGP / Foto: @jorgeprado61

O piloto lucense Jorge Prado proclamouse este domingo campión do mundo de MXGP, a categoría reina de motocrós tras gañar a primeira manga do Gran Premio de Italia, celebrada en Maggiora e que se converte no primeiro español que logra o título da categoría.

 

Prado liderou o campionato desde o 11 de marzo, cando arrincou a tempada en Arxentina , e leste domigno logrou matematicamente o título despois de impor nunha primeira manga na que lle valía con ser segundo e despois de aproveitar un erro do francés Romain Febvre, o seu principal rival.

 

O galo sufriu unha caída tentando pasar a un dos seus rivais e rompeu o seu Kawasaki no accidente. Esta rotura evitaba a Prado ter que esperar á última proba en Gran Bretaña. A segunda manga foi un trámite, con Febvre superando ao galego.

"É o día máis feliz da miña vida, traballei desde moi pequeno buscando este obxectivo. Foi duro o camiño e longa a espera deste ano, pero o conseguimos e teño que estar moi agradecido á miña familia, a quen me axudaron desde o principio e á afección que tanto me apoia. Un soño feito realidade!", expresou Prado con emoción.

 

O lucense foi o campión do mundo máis novo da historia, despois de gañar en 2011 o título de 65 c.c. con tan só dez anos e tamén o campión de Europa máis precoz, facéndoo con tan só catorce anos. Posteriormente, subiu ao podio no seu primeiro Gran Premio do Mundial con só quince anos de idade.

En 2019, con 18 anos, obrigáronlle a cambiar de categoría porque xa gañara os dous títulos mundiais de MX2 permitidos. Actualmente, no seu cuarto ano na categoría reina, xa é o número un mundial.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE