Joselu, ante a oportunidade da súa vida aos 33 anos: o Real Madrid fai oficial a fichaxe do galego

Como avanzou Galiciapress o pasado venres, a chegada do de Silleda ao Bernabéu era só cuestión de horas.


|

Joselu espau00f1a copa
Foto: Real Madrid

 

No mundo do fútbol o habitual é que aos 33 anos comece o declive dos futbolistas. É unha idade perfecta para comezar a pensar nun retiro dourado, xa que só uns poucos poden pertencer na elite a esas alturas dunha xa de seu dilatada traxectoria. Unha experiencia no estranxeiro, un gran contrato nunha liga menor, regresar ao club das súas orixes con honras de veterano... No entanto, Joselu Mato demostrou que a idade é só un número e el, afeito converter os números en goles, logrou algo poucas veces visto: o Real Madrid lanzouse a por un treintañero.

 

O club branco ha feito oficial a fichaxe do dianteiro galego para remplazar a Karim Benzema (a falta dalgún que outra fichaxe que poida competir con Joselu) e apontoar a parcela ofensiva coa experiencia do de Silleda. O seu salto á capital de España é en forma de cesión, pero as condicións do acordo parecen deixar claro que a intención é que a vinculación de ambos dure máis dunha tempada. 

 

 

TÍTULO CON ESPAÑA

O ex de Celta, Dépor, Alavés e Espanyol, entre outros, chegar ao Bernabéu na que será a súa segunda etapa no club branco, onde concluíu a súa etapa formativa antes de dar o salto á Bundesliga, onde seguiu facendo goles antes de probar fortuna na Premier League e volver a España. 

 

Joselu real madrid
Foto: Real Madrid

 

É a partir das tres décadas que atopou o seu mellor fútbol, con números de killer que o levaron á Selección Española, aínda que os seus goles non impediron que Alavés e Espanyol perdesen a categoría con dous descensos consecutivos con el de ariewte. Con 'A Vermella' vén de conquistar a Nations League, o seu primeiro título internacional, e xogando un papel destacado: un gol seu contra Italia clasificou a España á final, onde foi o encargado de transformar o primeiro penalti da quenda decisiva contra Croacia.

 

Agora chégalle a oportunidade da súa vida nun momento de transformación do Real Madrid. Está por ver si será Carlo Ancelotti o que dirixa a Joselu no seu regreso á 'Casa Branca'. Sen outro '9', o Madrid aférrase agora ao acerto realizador de Joselu, que con menos de 20 minutos no primeiro equipo xa presume de anotar dous goles co Real Madrid. Con Joselu os 30 son os novos 20.  

 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE