A afección da SD Compostela poderá ir gratis a Tarazona
As entradas para a partido clave para pasar á seguinte rolda da eliminatoria sairán á venda o vindeiro mércores. O Concello fretará autobuses gratuítos. Espérase a presenza de varios centros de afeccionados galegos, pois o equipo local ha facilitado unhas duascentas entradas aos composteláns. O primeiro autobús cunhas 55 prazas xa se encheu segundo acaba de informar o club. Para viaxar gratis é necesario loxicamente comprar antes as entradas.
A eliminatoria de ascenso está moi aberta tras un 3-2 a favor do Compos. O vindeiro sábado en Tarazona (Zaragoza) chegará á hora da verdade.

O Concello de Santiago está a coordinar conxuntamente coa dirección da SD Compostela a preparación de autobuses para o traslado dos afeccionados do Compos ao partido de volta que se xogará o vindeiro sábado en Tarazona.
Así o anunciou o alcalde despois do partido desta mañá en San Lázaro, onde o Compos venceu a un Tarazona que soubo remontar ao final do partido, quedando 3-2. "Queremos facilitar desde o Concello que todas aquelas afeccionadas e afeccionados que poidan achéguense a Tarazona para que o Compos reciba o alento da súa afección", explicou Sánchez Bugallo, quen ademais recalcou que se habilitarán "todas as prazas necesarias para que todos aqueles que desexen poidan apoiar aos nosos nun partido tan decisivo".
A resolución da eliminatoria será o vindeiro sábado, ás 20.15h no Municipal de Tarazona.
Escribe o teu comentario