Rubén de la Barrera, o eterno regreso do técnico que nunca se foi de Riazor

O extécnico branquiazul é o mellor situado para substituír ao cesado Rubén Cano. Será o terceiro preparador do Dépor este curso.


|

ee la

 

Dunha forma ou outra, todos os camiños na Coruña levaron a Rubén de la Barrera nos últimos tres anos. Desexado, amado, repelido, odiado, pero nunca esquecido, foron moitos os sentimentos que espertou o técinco coruñés antes, durante e despois de ser técnico do Deportivo da Coruña, o seu club, o equipo dos seus amores e escuadra á que colleu nun momento difícil, á que non puido endereitar o rumbo nun momento de zozobra e á que deixou en "terceira" cunha vinganza tan poética como amarga ao levar ao Albacete ao ascenso na que fora a súa casa durante un curto e convulso período de tempo. Agora, todo parece indicar que o fútbol lle brinda unha segunda oportunidade na súa cidade, pero nun escenario igual de incerto que o primeiro.

 

UNHA PRIMEIRA ETAPA TRAUMÁTICA

De la Barrera chegou ao despacho principal de Riazor en xaneiro de 2021 e en maio dese mesmo ano, despois duns meses dos altibaixos pero cumprindo con "non descender" ao equipo ante a reestruturación da Segunda B, márchase pola porta de atrás nun clima de división absoluta entre a parroquia branquiazul. O deportivismo estaba fracturado, cos seus detractores e os seus defensores enfrontados, unha batalla que se mantén dous anos despois, xa que algúns non esqueceron a súa saída, inxusta na opinión de moitos, que avogaban por dar continuidade ao proxecto do galego. 

 

 

Só un ano despois, culminaba o 'Riazorazo' coa súa Alba, ao que non quixo dirixir en Segunda e que agora, en mans do seu homónimo e paisano Rubén Albés, aspira a ascender a Primeira División con outros playoff de lenda. A súa despedida do Carlos Belmonte non foi para asumir un banco de maior categoría, senón que durante todo este ano estivo esperando unha oferta que colmase as pretensións dun espiritu gañador e que asume riscos. Xa por entón, cando dixo adeus ao 'Queixo Mecánico', moitas voces fantaseaban cun regreso a Riazor que non se deu.

 

UNHA VOLTA SALVADORA?

O Dépor entón apostou por dar continuidade a Borja Jiménez, que apenas aguantou até outubro, momento no que asumiu o cargo Óscar Cano, que nunca logrou conectar coa bancada nin ofrecer certa ao xogo dos herculinos, irrecoñecibles nesta segunda volta, sobre todo a domicilio. Agora, todas as miradas apuntan de novo a de la Barrera, figurante eterno nas quinielas e nome que soaba nos mentideros despois de cada partido no que as decisións de Cano deixaban dúbidas sobre a súa desempeño. 

 

Agora, coa remontada do Linares fresca na memoria -dun 0-2 ao descanso para o Dépor saltamos ao 3-2 final para os locais- e a liquidación do granadino asinado, todo parece abocado a que se anunciará a de la Barrera nas próximas horas. Todo depende das condicións que lle ofrezan, xa non para estes dous choques que quedan, senón para o futuro, tanto en caso de ascenso como en caso de reconstruír o equipo o ano que vén co obxectivo de promocionar, o que sería o cuarto intento seguido. O músculo económico do Dépor para o próximo verán, clave. 

 

De asinar, terá que lidar cunha pataca quente, como son os presumibles playoff nos que está inmerso o club e que prometen ser o salvavidas -algo remoto, visto o nivel do xogo do equipo e o parte de baixas- doutra tempada para o esquecemento. De la Barrera sempre foi a resposta. Veremos agora si é a solución.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE