A Coruña inicia os preparativos da regata Tall Ship Races, que se celebrará do 24 ao 27 de agosto
O Concello dá Coruña, pola "complexidade organizativa" dun evento destas características, xa puxo en marcha a coordinación da cita náutica.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta mañá aos técnicos da organización da regata Tall Ship Races, que terá lugar do 24 ao 27 de agosto na cidade herculina tras sete anos de ausencia. A rexedora estivo acompañada polo director da regata, Paul Bishop, e a súa directora comercial, Vanessa Mori.
A visita, de carácter técnico, serviu para coñecer as instalacións portuarias onde quedarán amarrados os grandes veleiros durante a súa estancia na cidade.
"Estamos a coordinar os preparativos da cita, que sempre qfue multitudinaria e, por tanto, ten certa complexidade organizativa", sostivo Inés Rey.
Para esta edición da Tall Ship Races xa está confirmada a participación de 15 barcos de distintas clases e case un milleiro de tripulantes. Trátase dun evento que comezará en Reino Unido e, logo do seu paso pola Coruña, continuará até Lisboa e Cádiz.
Escribe o teu comentario