(VÍDEO) Así chegaban en barco os Riazor Blues a Ferrol
Os seareiros do Deportivo desprazábanse hoxe a Ferrol en barco para ver o encontro entre o equipo coruñés e o Racing de Ferrol
O grupo de afeccionados ao Deportivo da Coruña Riazor Blues decidiu partir este domingo en barco desde o porto da Coruña até Ferrol para ver o duelo do club coruñés contra o Racing de Ferrol.
Así sorprenderon os blues a todos os que esta tarde paseaban pola Dársena da cidade herculina e pola zona da Mariña, que viron como un barco decorado de cor branquiazul enchíase de seareiras do Deportivo.
Aínda que a maioría dos afeccionados desprazáronse por terra, os Riazor Blues decidiron darlle unha volta de porca e facelo por mar no medio de cánticos, alegría e afección, a borodo da embarcación 'Rías Altas 2'.
Este grupo de seareiros do Deportivo rescatou así unha vella tradición para chegar á cidade departamental, na que atracaron coas súas bengalas blaquiazules acesas.
O encontro desta tarde entre o Deportivo da coruña e o Racing de Ferrol, correspondente á trixésima segunda xornada de liga, dará comezo ás 19:00 horas e poderá seguir a través da TVG2.
Escribe o teu comentario