O Noia Portus Apostoli, un ascenso meteórico desde Terceira até o Palau Blaugrana

O conxunto noiés xoga mañá ás 17 horas ante o FC Barcelona, un xigante do futbol sala nacional, consolidando así a súa impecable traxectoria desde o seu debut na terceira categoría -entón Nacional A- até chegar á elite como toda unha revelación. 


|

Noia baru00e7a
Entrentamiento entre o Noia e o Barça na primeira volta | Foto: Noia Portus Apostoli

 

Na gran Barcelona, coas súas máis de 1,6 millóns de habitantes, caben máis dun centenar de Noias. Este municipio galego, minúsculo comparado coa cidade condal, é a casa do Noia Portus Apostoli, a gran sorpresa do fútbol sala nacional e un equipo que non deixou de crecer desde a súa irrupción en terceira hai só quince anos. 

 

O Noia fixo o camiño inverso do Santiago Futsal, un equipo que cando o Noia comezou a despuntar relacionábase cos mellores da Primeira División e gañaba campionatos. Os anos de gloria dos composteláns pasaron co Noia armando un equipo competitivo e tratando de asaltar a Segunda División do futsal nacional, algo que conseguiu na tempada 16/17. Só un ano despois, o antigo Lobelle caería até esa mesma categoría.

 

Agora, mentres os sanitagueses penan por Terceira, é o Noia o que ocupou o seu lugar no máis alto, despois de conseguir o curso pasado un histórico ascenso conquistando unha Segunda na que permaneceu durante cinco tempadas e onde ano a ano foi mellorando os seus rexistros: da 14ª posición do seu debut, a un como 10º posto no seu segundo ano, ao 8º no terceiro e pelexar polo campionato no cuarto ano, onde acabaron sendo bronces da liga

 

PRÓXIMA PARADA: O PALAU

Os pupilos de Marlon Velasco son a sensación de España, pelexando no seu primeiro ano por un oco en playoff e logrando fitos como chegar até os cuartos de final da Copa do Rei, onde caeron ante Palma, que hoxe disputa o campionato co todopoderoso Barça. Precisamente, os azulgranas serán o siguien rival dos galegos, que cando os recibiron na primeira volta a punto estiveron de dar a sorpresa nun duelo que se llevarón os cataláns por 2-4. 

 

 

Esta vez, dar a badalada será aínda máis difícil porque no Barça esperan brindar a Ferrao , que volve ás pistas tres meses despois da súa lesión, unha cálida benvida cun triunfo que os afiance no liderado. Altamirano, Pirata, Lluc, Power e compañía queren augarlles a festa. Farán falta cen Barcelonas para parar ao Noia. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE