Iñigo Vélez, o enésimo inquilino do banco trituradora do Anxo Carro
O técnico vitoriano será o cuarto adestrador da tempada do CD Lugo e o 16º preparador que contrata Tino Saqués.
O #CD Lugo anunciou onte o cesamento de Joan Carrillo, e co técnico catalán xa van...o certo é que un perdeu xa a conta de nomes que pasaron polo banco do Anxo Carro durante a dirección de Tino Saqués. O presidente do Lugo, experto en pór e quitar técnicos, suma xa catro preparadores no que vai de tempada e 16 desde que asumiu a dirección. A estancia media dun adiestrador nesta tempada 22/23 é de dez partidos, pero aínda quedan doce por xogar, de modo que Iñigo Vélez, o último en sumar á lista de adestradores albivermellos, ten ante si dous retos maiúsculos: salvar ao Lugo e salvar a súa cabeza antes de que finalice a campaña.
UN, DOUS, TRES...E CATRO
Na cidade amurallada teñen que tirar de memoria para porlle cara ao primeiro inquilino da dirección técnica esta tempada. Hernán Pérez, un técnico sen experiencia na categoría de prata, tomou as rendas dun equipo que Rubén Albés salvara durante dous anos seguidos con tremendo mérito.
O experimento con Pérez non funcionou e recorreuse a Fran Xusto, a sensación do fútbol galego á fronte dun Arenteiro de marca. O salto a Segunda quedou grande e o último en atender a chamada de Saqués foi Joan Carrillo, un adestrador de que levaba se dirixir en España desde 2015 e cuxo currículo se reducía a experiencias no estranxeiro con equipos de terceira fila na maioría de casos e sen éxitos particularmente destacados. Cinco partidos bastaron para ver que nin era a solución aos problemas do Lugo nin daba a talla.
Agora, Iñigo Vélez, responsable da combativa #SD Amorebieta que se plantou en Segunda División o ano pasado sorprendendo a propios e a estraños, asume un cargo que ten a salvació a 12 puntos con 34 por xogar. Repite así fórmula o Lugo: un adestrador con pouco nome, sen apenas percorrido, novo e toda unha icógnita para os analistas, xa que resulta dificil prever si poderán sacar ou non as castañas do lume no escenario actual.
Aínda queda marxe, pero realmente estreito, e o Lugo necesita resultados inmediatos, algo que a paciencia de Saqués tamén parece esixir antes de activar a guillotina de novo. Últimos na táboa, este domingo visitarán Mendizorroza, casa dun Alavés en horas baixas -derrota en Vilarreal e empate a cero ante o Cartaxena nos seus últimos choques- pero que segue sendo un claro candidato ao ascenso directo.
Escribe o teu comentario