A Estación de Manzaneda abre por sexto fin de semana consecutivo

A Estación pon a disposición un servizo de autobús gratuíto de traslado entre a zona de acceso e o despacho de billetes, a cafetaría e os apartamentos


|

Estaciu00f3n1 (1)
Estación de Montaña de Manzaneda / Foto: Estación de Manzaneda

O primeiro fin de semana de marzo vén cargado de neve na Estación de Montañan de Manzaneda. Esta abrirá unha vez máis as súas portas para a práctica de esquí e snowboard. Farao ademais batendo a marca de pistas, entre 10 e 12.

 

Segundo indican as predicións meteorolóxicas, o sol volverá marcar as próximas dúas xornadas, polo que se espera outro gran fin de semana de neve en Manzaneda, superando cada fin de semana a influencia do anterior desde que abriu por primeira vez para a práctica de esquí.

 

Unha vez máis, os servizos de restauración estarán abertos e reforzados, ademais dos aloxamentos, entre os que se inclúen un total de 34 apartamentos con baño e cociña equipada.

 

A estación dispón tamén de dúas albergues, o Bibei, con 88 prazas distribuídas en habitacións de 18, 16, 10 e 2 para coidadores, e o Queixa, con 66 prazas distribuídas en habitacións de 14, 10, 8 e 6, todos eles con baños comunitarios por plantas.

 

Como novidade das últimas semanas, a Estación de Manzaneda puxo a disposición dos visitantes un autobús gratuíto para o traslado desde o acceso da Estación até o despacho de billetes, a cafetaría e os apartamentos, que funcionará entre as 10:00 e as 16:00 horas, tanto do sábado como do domingo, facilitando a mobilidade interior.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE