Diego Alves, presentado como celeste: "O Celta será co tempo un club moito máis grande"

O cérbero brasileiro xa se adestrou co resto dos seus compañeiros e pelexará por ocupar o oco deixado por Marchesín. 

 


|

O cérbero brasileiro xa se adestrou co resto dos seus compañeiros e pelexará por ocupar o oco deixado por Marchesín. 

 

O canteirán Iván Villar era, até a chegada do ex de Valencia, Almería ou Flamengo, o único cérbero do primeiro equipo dispoñible para Carvalhal.

 

Diego alves celta
Foto: RC Celta

 

Esfollouse a margarida, e moito máis rápido do esperado. O Celta de Vigo meteu a directa nos despachos e pechou en tempo marca a contratación dun porteiro para cubrir o sitio de Marchesín, lesionado no talón de Aquiles e baixa o que resta de camapaña. É certo que as opcións non eran moitas, pero de entre todas o Celta fíxose coa máis sedutora, a de Diego Alves, un histórico da liga e coñecido pola súa condición de parapenaltis.

 

Ten traballo por diante o brasileiro. Primeiro porque moitas voces na bancada pedían unha aposta pola canteira, dando as chaves da portaría dunha vez por todas a Villar e promocionar ao primeiro equipo a algún porteiro do Celta B. En segundo lugar, porque os once metros non eran unha materia pendente dun Marchesín que se destapou como un especialista nesta lide, atallando dúas dos catro lanzamentos fatídicos que había reicibido nos 19 partidos xogados.

 

Na súa presentación, Alves falou marabillas da estrutura do club e asegurou que, tras concluír a súa etapa no Flamengo, o seu obxectivo era regresar a España. "Estaba a traballar para ter unha oportunidade fóra de Brasil, porque non quería seguir en Brasil. O Celta será co tempo un equipo moito máis grande. Tiña moitos amigos que pasaran por aquí e faláronme marabillas da cidade e do club. Temos moita ilusión de facer cousas bonitas", comentou ante os medios.

 

Ao tempo, celebrou non ter que enfrontar a Aspas : "A Iago xa o sufrín". "Veño traballar e sumar. Veño achegar cousas pola miña experiencia todos estes anos no mundo do fútbol. Xogar é unha cuestión do míster, o meu traballo é traballar e xerar confianza no míster", concluíu. 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE