Deporte na Coruña para unha sociedade máis xusta da man de Gadis e Emalcsa

Poderanse practicar deportes como baloncesto, escalada, esgrima, fútbol e fútbol sala, halterofilia, hípica, natación, pádel, balonmán, piragüismo, tenis de fronte, tiro con arco, tenis de mesa. tenis, tríatlon e pentatlón modernos e vela.


|

Gran parte dos proxectos seleccionados  incorporan a oferta de prazas gratuítas en colexios, campamentos e outras actividades habituais dos clubs, dirixidas principalmente a menores en situación de exclusión económica.


La alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, y el presidente de Gadisa, Roberto Tojeiro, firman un convenio de colaboración

 

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o presidente de Gadisa,Roberto Tojeiro, asinaron este luns a renovación do acordo de colaboración existente entre o concello e o grupo empresarial, que desde o ano 2017 apoia economicamente o programa 'Deporte solidario e inclusivo', unha iniciativa de laFundación Emalcsa co obxectivo de impulsar a inclusión social a través da práctica deportiva.

O acordo subscrito implica unha doazón de 20.000 euros por parte de Gadisa paracontribuir a financiar o programa 'Deporte solidario e inclusivo' na súa novena convocatoria, correspondente á tempada 2022-23, e tamén con vistas á próxima edición do programa, na tempada 2023-24.

Desta forma, o Concello da Coruña e Gadisa reforzan a súa colaboración por dous anos máis, unha continuidade posta en valor por Inés Rey.

"O goberno municipal está firmemente comprometido coa integración social, é consciente da importancia de traballar pola igualdade de oportunidades e tamén da necesidade de fomentar hábitos saudables entre a cidadanía, cuestións ás que este programa dá resposta", apuntou.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE