Quirónsalud constata "a boa saúde" da Selección Española antes do Eurobasket

  Este será un Eurobasket difícil para 'A Vermella', xa que supón un punto de inflexión tras case dúas décadas de éxitos.


|

A cita continental arrincará nun mes e os xogadores seleccionados para a preparación xa pasaron o seu primeiro exámen, o médico.

 

Os pupilos de Scariolo competirán para regresar ao alto do podio, despois de que na anterior edición, que conquistou Eslovenia, tivesen que "conformarse" co bronce.

 

Recoñecemento me9dico SEB   agosto 2022
fReconocimiento médico SEB  |  Foto: Quirónsalud

 

En plena forma, listos e dispostos a traerse o ouro a casa. A Selección Española de Baloncesto está preparada para iniciar a súa andaina no Eurobasket, que terá como sedes as cidades de Berlín, que acollerá a final, Colonia, Praga, Tiblisi e Milán. España, que saíu medallista no últimos seis torneos, con tres primeiros postos, conta entre as súas filas cos galegos Alberto Abalde e Jonathan Barreiro, que pelexan por un posto na lista final de Scariolo.

 

Se non acaban na convocatoria non será por motivos médicos. Ou non polo momento, xa que os profesionais de Quirónsalud, Servizo Médico Oficial da FEB, vén de avaliar o estado dos xogadores, que pasaron con nota as probas médicas do pasado luns, antes do inicio dos entremanientos. 

 

"Este recoñecemento foi asistido polas doutoras Rosa Rábago e María Esther Martínez, especialistas da Unidade de Cardioloxía non Invasiva da Fundación Jiménez Díaz; Javier Caballero e Sara Martínez, da Unidade de Extracción; e María del Mar González e Francisco Cerdeira, da Unidade de Cardioloxía; en coordinación cos servizos médicos da Selección encabezados polo Dr. Carlos Salgas", sinalan desde Quirónsalud. 

 

Nesa liña, o equipo médico ha destacado o "excelente estado de forma no que están todos os xogadores da Selección  para a súa participación no Eurobasket 2022, que esperan afronten co mesmo éxito co que superaron os recoñecementos".

 

Este será un Eurobasket difícil para 'A Vermella', xa que supón un punto de inflexión tras case dúas décadas de éxitos. Atrás quedaron os anos cos Gasol comandando á selección nas citas olímpicas, mundiais e europeas. A sabia nova aínda non conta coa rodaxe dos seus antecesores e algunhas decisións, como a nacionalización exprés de Lorenzo Brown, poñen en dúbida o empaquetado real do equipo, que afronta unha clara substitución xeracional. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE