Consulta a programación completa da LI Edición da Festa do Queixo de Arzúa, que arrinca este venres

Os días 27 e 28 de febreiro, así como o 1 de marzo, a capital quesera celebra a súa festa maior.


|

489871657 18219719665288358 6905804125820123820 n
Foto: Festa do Queixo

 

Xa non queda nada para a LI Edición da Festa do Queixo de Arazú. En cuestión dunhas horas comezarán a chegar os produtores aos seus postos cos riquísimos queixos do D. Ou. P. de Arzúa-Ulloa e na localidade deixan listos os últimos detalles da festa onde non faltarán nin o sabor, nin a música nin as actividades para festexar a cultura e a gastronomía na capital da terra do queixo, que vive a súa semana grande.

 

 

ENTRE QUEIXOS, MÚSICA E FESTA

A festa arrinca este venres 27 de febreiro e durará até o domingo 1 de marzo, cando se queimarán os últimos cartuchos despois de recibir, como se espera, a miles de visitantes no recinto feiral, onde se exporán ademais dos queixos de Arzúa outros moitos produtos típicos do territorio e doutros puntos da xeografía nacional.

 

Desde o Concello de Arzúa non quixeron deixar nada ao azar e deseñaron un amplo operativo para garantir a seguridade dos asistentes. Un dispositivo composto por axentes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado velará polo correcto desenvolvemento do evento en "un dos concellos mais seguros da provincia", tal e como remarcaron no último pleno onde se abordou a cuestión do dispositivo de seguridade. 

 

Foto: Festa do Queixo

 

En calquera caso, a Festa do Queixo contará tamén cun Punto Violeta que servirá como espazo seguro tanto para a prevención como para a atención de vítimas de agresións sexistas ou LGTBIfóbicas. Tamén se incorpora o 'Espazo Concilia', especialmente pensado para as familias, de maneira que os máis pequenos poidan ser atendidos e asistir a distintas actividades de lecer. 

 

 

Este venres arrinca a festa cos concertos do 'Pequequeixo' e o XVIII Concurso de Tapas e Petiscos. As portas do recinto feiral non se abrirán até o sábado ás 11 horas e, só unha hora despois, terá lugar o pregón a cargo do actor Federico Pérez Rey. Torneos de xadrez, música a cargo da Duendeneta, os concertos do Festival do Queixo, experiencias culinarias e moito máis nos tres días de festa deste evento con máis de medio século de tradición ás súas costas e que, ano a ano, suma máis adeptos e rompe as marcas establecidas. Volve a Festa do Queixo.

 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE