O Papa León XIV confirma que non visitará Galicia na súa viaxe a España
O Pontífice viaxará tamén a Guinea Ecuatorial, país hispanohablante, nunha xira africana de 10 días e previamente visitará Mónaco.
O Vaticano e a Conferencia Episcopal Española confirmaron este mércores que o Papa León XIV estará en España do 6 ao 12 de xuño. O Pontífice pasará por Madrid, Barcelona e Canarias, pero non por Galicia, unha ausencia que espertou certa decepción entre fieis galegos e representantes eclesiásticos, segundo recollen varios medios autonómicos.
MADRID, BARCELONA E CANARIAS
A Santa Sé precisou que a viaxe comezará en Madrid, onde o Papa manterá encontros coas autoridades nacionais, e continuará en Barcelona. Alí inaugurará a nova torre central da Sacra Familia, a máis alta do conxunto, coincidindo ademais co centenario da morte de Antoni Gaudí, declarado “venerable Servo de Deus” o ano pasado.
O Pontífice proseguirá o seu percorrido nas Illas Canarias, con visitas a Tenerife e Gran Canaria. Este xesto, remarcan desde Roma, responde a unha “viaxe no corazón do Papa”, polo seu compromiso coas fronteiras migratorias. Canarias converteuse nunha das principais portas de entrada da migración africana, con cifras marca en 2025 e principios de 2026.
SEN PRESENZA EN GALICIA
A exclusión de Galicia non pasou desapercibida. Nos últimos meses, tanto a Xunta como diversos bispados mostraran a súa esperanza de que o Papa incluíse no seu percorrido a Catedral de Santiago de Compostela, que acaba de concluír unha nova fase de restauración. Desde o Arcebispado compostelán non se emitiu aínda comentario oficial.
En calquera caso, o feito que que non viaxe a España en 2026 non descarta unha futura visita pontificia con motivo do Xubileo de 2030 ou noutra data especial para a Igrexa galega. En 1989, Xoán Paulo II foi o último Papa en acudir a Santiago, onde pronunciou a súa soada “Mensaxe a Europa”.
CALENDARIO INTRNACIONAL
A xira española inscríbese nunha axenda internacional especialmente activa. Antes de viaxar a España, León XIV irá a África entre o 13 e o 23 de abril, con paradas en Alxeria, Camerún, Angola e Guinea Ecuatorial. O Vaticano define esta viaxe como unha “peregrinación pola memoria de San Agustín” e un achegamento aos pobos máis necesitados. O Papa tamén abordará o conflito civil no Camerún anglófono, do que apenas se fala nos medios europeos.
Ademais, o Pontífice inaugurará o seu calendario de viaxes exteriores o 28 de marzo cunha visita dun día ao Principado de Mónaco, a primeira dun Papa na era moderna. No pequeno Estado europeo, onde o catolicismo segue sendo a relixión oficial, está previsto que dialoge sobre o papel contemporáneo da Igrexa nas sociedades altamente secularizadas.
A visita a España, con todo, será a máis esperada, tanto polo seu simbolismo como pola expectativa de reencontro entre a Igrexa e unha sociedade marcada pola laicidad e o debate sobre a fe na esfera pública.
Escribe o teu comentario