O mundo da música despide a Álvaro Lamas, integrante dos Limóns
Fai menos dun ano formou parte do concerto en Caranza no reencontro dos Limóns, banda da que formou parte nos anos 80 na etapa máis existosa desta formación. O ferrolán, ademais, colaborou con outros moitos grupos, como Os Segredos ou Os Eternos, e na súa última etapa estivo vinculado con artistas de distintas xeracións, como Hilda Rock ou Pablo Leira. Hilda Rock e Álvaro Lamas | Foto: Cultura.gal O mundo da música despídeo non só como o máximo expoñente da steel guitar, senón como un artista comprometido coa música, en diferentes rexistros e que, desde Ferrol, foi capaz de influír en toda a escena nacional.
Pesar en Ferrol e na escena galega pola morte de Álvaro Lamas, integrante do mítico grupo Os Limóns e un dos artistas pioneiros no pop nacional ao introducir un instrumento como o seu inseparable steel guitar, son que foi acompañado sempre á súa figura.
COMPROMISO COA MÚSICA
Lamas morreu na madrugada deste venres 16 de xaneiro. Fai menos dun ano formou parte do concerto en Caranza no reencontro dos Limóns, banda da que formou parte nos anos 80 na etapa máis existosa desta formación.
O ferrolán, ademais, colaborou con outros moitos grupos, como Os Segredos ou Os Eternos, e na súa última etapa estivo vinculado con artistas de distintas xeracións, como Hilda Rock ou Pablo Leira.
O mundo da música despídeo non só como o máximo expoñente da steel guitar, senón como un artista comprometido coa música, en diferentes rexistros e que, desde Ferrol, foi capaz de influír en toda a escena nacional.
Escribe o teu comentario