Festa da auga en Vilagarcía con escasas incidencias

Así o informou o consistorio que explica que o servizo de emerxencias prestou 27 asistencias no lugar e que foi necesario realizar sete traslados ao hospital
 


|

Varias personas durante la Fiesta del Agua en Vilagarcía de Arousa
 

Vilagarcía celebrou este sábado unha nova edición da súa Festa da auga, con escasas incidencias e "sorprendemente tranquila" durante a noite previa, cunha asistencia nesta xornada dunhas 30.000 pesonas.

Así o informou o consistorio que explica que o servizo de emerxencias prestou 27 asistencias no lugar e que foi necesario realizar sete traslados ao hospital.

"Na maioría dos casos, por intoxicacións, cortes ou caídas", sinala. Respecto doutros anos, afirma que, a pesar de coincidir en sábado, notouse menor afluencia de público no que foi a noite previa á festa. Sobre esta, asistentes destacaron o bo ambiente e a presenza de persoas de todas as idades.

Respecto doutros anos, o consistorio sinala que se notou un desprazamento de público desde a praia cara á zona Tir e expón que foi neste punto onde se tivo que intervir por unha ameaza cunha barra de ferro, ás dúas da mañá, e unha pelexa.

Nesta ocasión, foron unhas 30.000 as persoas que participaron, destacando en xeral a ausencia de incidencias. No entanto, entre a saída do Santo e o tres da tarde, foron atendidas 17 persoas, menos do 0,1% dos asistentes.

O concello resalta o civisimo xeral e o traballo de todos os departamentos municipais e de seguridade, ademais de incidir en que se consolida a tendencia a baixar a actividade na noite e concentrala na propia festa.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE