Rueda é "o único presidente do mundo que renuncia á súa lingua", acusa A Mesa pola Normalización Lingüística

"A oficialidade da nosa lingua na UE tería incidencia directa na oferta de galego e na posibilidade e no dereito de uso en todos os ámbitos", insiste a organización.


|

El presidente de la Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, interviene durante una concentración por la situación de la lengua gallega, en la Praza de Quintana, a 17 de noviembre de
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira

 

A polémica en torno ao posicionamento do Partido Popular sobre a oficialidade do galego, o catalán e o eúscaro na Unión Europea segue moi viva. Mentres que Salvador Illa e Imanol Pradales, presidetes de Cataluña e País Vasco, asinaron unha carta pedindo a súa oficialidade, Rueda desmarcouse da mesma, o que lle mereceu a reprobación da Mesa pola Normalización Lingüística.

 

 

INVESTIMENTOS NO AIRE

A plataforma lembra ao presidente autonómico que "os regulamentos e directivas europeas aseguran o uso e disposición das linguas oficiais do Estado que o sexan tamén da UE". Nese sentido, censuran que se limita na práctica a oficialidade da lingua dentro da propia Galicia con exemplos como a "información e atención a persoas usuarias e consumidoras, produtos bancarios, xoguetes...". 

 

"A oficialidade da nosa lingua na UE tería incidencia directa na oferta de galego e na posibilidade e no dereito de uso en todos os ámbitos, facendo efectiva a oficialidade do noso idioma no noso país", garante a presidenta da Mesa, Marcos Maceira, que reprende a Rueda por "negar a presenza da nosa lingua" en Europa. 

 

 

 

"O presidente da Xunta é o único do mundo que renuncia á súa lingua e a que se invista no seu país", apunta Maceira sobre unha postura que "boicotea a nosa lingua e a promoción real do seu uso que establece o artigo 5 do Estatuto de Autonomía". "Pretende disimular a súa fobia a calquera presenza de Galicia coa voz propia da súa idiom nuns supostos custos que o goberno español comprometeuse a financiar", incide, remarcando que este investimento se traduciría na contratación de profesionais e empresas galegas, polo que o impacto na economía do país sería directo. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE