Horarios de concertos O Son do Camiño: Filloas para o chupinazo; un tartazo e Steve Aoki para o fin de festa
Desde a apertura de portas ás 16 horas o xoves 12 de xuño até as 4:30 horas da madrugada do sábado ao domingo a música non terá freo na capital galega.
Xa queda menos -Non queda nada!- para regresar ao Monte do Gozo. A conta atrás para une nova edición de O Son do Camiño entra na súa recta decisiva e os festivaleros agarraron papel e boli para facer o seu particular cronograma e non perder nin unha soa das actuacións que ten preparado o festival compostelán, co que moitos dan a benvida ao verán a todo ritmo desde fai máis dun lustro.
HORA SY HORAS DE MÚSICA E FESTA
Desde este luns xa están publicados os horarios para os concertos do Son, que abrirá esta nova edición co hyperpop de Filloas, enfundado na súa clásica zamarra do Coruxo para presentar 'Súbeche ao EVA', o seu último traballo. O primeiro concerto será ás 16:20 horas o xoves 12 de xuño, só 20 minutos despois da apertura de portas. Dollar, Paul Thin e Nil Moliner seguirán ao galego.
Mikel Izal sairá ao escenario ás 19:40 horas e a partir de aí será a quenda das bandas internacionais, cos escoceses Franz Ferdinand ás 21:05, o canadense Bryan Adams ás 22:25 e o arxentino Duki ás 00:15 horas. O dúo Galician Army asumirá a responsabilidade de porlle o broche a este primeiro día.
No ecuador do festival serán Aiko e Meiriño darán a benvida aos máis madrugadores, antesala dun maratón de indie e pop a cargo de Siloé, Amaia e Carolina Durante desde as 17:50 até as 21 horas. Cruzado ese limiar, Kase-Ou, no seu regreso aos escenarios galegos, fará as delicias do gran público, expectante para gozar da fichaxe de última hora do Son, os inmortais Kasabian. A noite estará completa cos ritmos urbanos de Bad Gyal, raíña da festa nesta edición do festival compostelán, e Juan Magán, que nos mergullará no electrolatino.
A calusura, tan esperada pola súa calidade como indeseada polo seu significado ao pór fin a tres días de festa sen igual, comezará o sábado un pouco antes, ás 15 horas, para que Capital Voskov comece a quentar motores só media hora despois no primeiro concerto do fin de semana. Taïn, o último descubrimento da escena galega, The Rapants, inventores de 'A Máquina do Bo Rolo', e Marlena, coa súa inconfundible voz, comezarán a recibir aos máis impacientes.
Lia Kali e A A Love You amenizarán a tarde até Dani Fernández, que a partir das 20:20 horas fará coincidir a súa actuación cos últimos raios de sol da xornada. Será a partir de aí cando lle toque a quenda a dúas lendas da música nacional como Amaral e Estopa, talvez dúas das bandas máis queridas polo gran público.
Aqueles que aínda garden enerxía poderán deixar os pés na pista con The Prodogy a partir da 1:10, xa metidos de cheo na madrugada do sábado ao domingo, e Steve Aoki, que botará a persiana partir das 2:30 horas deixando un doce sabor de boca co seu clásico tartazo para despedir aos camiñers, que un ano máis poderán gozar dos ritmos do Escenario Son Electro by Repsol, onde a música electrónica é a protagonista e que permitirá estirar a noite aos máis irredutibles do festival durante os tres días.
Escribe o teu comentario