Amoebo convida a Filloas, Mayra de Lea ou hydn a presentar o seu novo dobre LP 'Escándalo non escuro'

O traballo sairá á venda o 7 de marzo e estrearase en directo o 14 do mesmo mes na Sala Garufa Club.


|

Amoebo u00a9 leolopezfoto 4
Amoebo

 

É tempo de estreas e o panorama musical galego está a piques de celebrar un moi esperado. A Sala Garufa Club da Coruña acollerá o próximo 14 de marzo ás 22:00 horas a presentación en directo do novo traballo discográfico de Amoebo, unha das voces máis prometedoras da escena musical galega actual.

 

O artista dará a coñecer o seu novo álbum titulado 'Escándalo non escuro', un ambicioso proxecto que se lanzará o 7 de marzo e que se trata dun dobre LP que contén 14 novas cancións que exploran unha variedade de xéneros musicais, desde ritmos urbanos até pop e rock.

 

AMOEBO E AMIGOS

O concerto contará coa participación de varios nomes emerxentes dentro da escena galega como French Riviera, hydn, Alfonso, de Capital Voskov, Filloas -outro que vén de estrear disco- e Mayra de Leria. Cada un deles achegará o seu estilo único, creando unha noite diversa e chea de enerxía musical.

 

Amoebo consolidouse como unha proposta destacada na escena musical emerxente de Galicia. A súa música, caracterizada pola combinación de pop-funk e electrónica con influencias urbanas, aborda temas como o amor non convencional e a liberdade de expresión.

 

Durante o verán de 2024 xa se deixou ver en importantes festivais como Ou Son do Camiño, Atlantic Pride e Festival da Luz. Ademais, tamén participou en programas de televisión como Luar da TVG e o primeiro programa drag en galego, "Raíña-me".

 

DOBRE LP

'Escándalo non escuro' divídese en dous partes: a cara A, centrada en ritmos urbanos e pop dos 2000, e a cara B, que explora sons máis rockeiro. O álbum promete ser provocativo e abordar temas como a paixón, o sexo e a dor, segundo declara o seu protagonista.

 

Cartel AMOEBO Garufa

 

As entradas para este esperado concerto xa están dispoñibles a través da plataforma Entradium. Os fans da música emerxente galega teñen unha cita ineludible o 14 de marzo na Sala Garufa da Coruña.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE