A comunidade educativa despide ao catedrático Emilio Montero, profesor na USC
A Universidade de Santiago e outras institucións choraron a morte de Montero.
A Universidade de Santiago manifestou o seu pesar polo falecemento este mércores do profesor Emilio Montero Cartelle, catedrático emérito da área de Lingua española na Facultade de Filoloxía.
A institución compostelá trasladada nun comunicado as súas condolencias a familia e achegados por unha perda "particularmente dolorosa" para o equipo do Departamento de Lingua e Literatura española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral.
Reelixido en xullo como presidente da Asociación de Historia de lingua española, Emilio Montero conta cunha relevante traxectoria investigadora no campo da lingüística diacrónica.
A USC destaca os seus estudos sobre o eufemismo e o disfemismo, o léxico medieval, as construcións condicionais e concesivas ou a gramaticalización de conectores contraargumentativos.
Chegou a ocupar o cargo de decano da Facultade de Filoloxía, onde impartiu materias de historia da lingua española e dialectología. "O seu labor e compromiso coa universidade sempre quedará no recordo dos que compartiron con el longos anos de traballo", remarca a USC.
Escribe o teu comentario