Xoel López incorpórase a Festa do Queixo de Arzúa, que xa ten o seu festival a piques de caramelo
The Rapants, Cariño, Mondra e Capital Voskov integran tamén este cartel que se garda o mellor para o final.
Ninguén quere perder a Festa do Queixo de Arzúa este 2025. No 50 aniversario desta festa de interese turístico é unha das grandes citas culturais do inverno en Galicia , xa non só polo seu compoñente gastronómico -que tamén, cun recinto feiral que promete encher até a bandeira outro ano máis con produtores procedentes de todos os recunchos-, senón pola súa proposta musical, que para as vodas de ouro contará co máis selecto do panorama.
THE RAPANTS, MONDRA, CAPITAL VOSKOV, CARIÑO...E MÁIS
E é que o Festival do Queixo foi descubrindo a contagotas aos compoñentes desta nova edición. Primeiro foron os trajeados de The Rapants, cos muradáns abrindo o apetetito e acompañados polos seus paisanos e gañadores do Queixo Maquetón, Capital Voskov, que tamén farán as delicias do público o 15 de marzo ás 20:30 horas como responsables de cortar a cinta inaugural do festival.
Mondra e o seu 'FOLĪA dás ARDENTES' tamén confirmaron asistencia e Cariño, cos seus ritmos poperos, foron as últimas en unir a esta festa que, un ano máis, reivindícase como un escenario inigualable para as bandas emerxente con máis poyección, especialmente a aqueles da escena galega.
Con todo, tamén hai artistas en Galicia máis que consolidados, algúns con décadas de traxectoria, con cancións convertidas en himnos e coa capacidade de abarrotar estadios e coliseos de todo o territorio. E, sobre todos eles, destaca Xoel López, o último gran fichaxe dada a coñecer polo festival arzuán, que contará cunha das voces máis singulares do indie nacional para celebrar o seu medio século de vida.
É o último nome propio desbelado pero non por iso o último do cartel. A Festa do Queixo parece gardar o mellor para o final e nos próximos días tocará seguir con atención as miguitas de pan que van deixando en redes sociais para dar a coñecer a composición final da proposta para celebrar dentro dun mes a cultura, a música e a vida na capital do queixo, onde todo ten sabor e ritmo propio.
Escribe o teu comentario