Cheo absoluto para a estrea do novo traballo de PAVA na Sala Mardi Gras
A estrea de 'Pava 3' na sala herculina contará cun cheo até a bandeira ás 22 horas do domingo 5 de xaneiro.
Este 5 de xaneiro será noite de Reis...e de raíñas. A presentación do novo EP de PAVA, 'Pava 3', terá lugar na véspera da noite máis máxica do ano nun agasallo adiantado de Melchor, Gaspar e Baltasar, que se non se deron présa perderanse este debut xa que na Sala Mardi Gras colgaron o cartel de 'sold out'.
UNHA CITA O 5 DE XANEIRO
E é que xa non quedan entradas para asistir ao show que levantará o seu pano ás 22 horas do domingo e co que Lucía Aldao, que lidera esta banda rompedora que completan Analís Guillín na batería, David Santos ao baixo e Pablo Silva coa guitarra, dará a coñecer o seu último traballo.
Cun "pop luminoso", onde as letras, que viran ao redor de temas de actualidade como a identidade sexual ou a lingua, resultan un fiel reflicto de todo o mundo interior do poeta e compositora que "exerce de frontwoman" nesta formación, PAVA foi recoñecida co Premio Martín Códax na categoría de pop e indie no 2024 que acabamos de deixar atrás.
Con esta estrea de 'Pava 3', que xa está disponibel en formato dixital, os asistentes poderán facer cunha das 200 cartafoles, ao máis puro estilo anos 90, que inclúen o código para escoitar os temas que compoñen este EP, ademais das letras impresas nun formato moi especial e un póster coa portada do traballo que protagoniza Lucía Aldao.
Escribe o teu comentario