Duki regresa á Coruña en 2025 e anuncia que parte do recadado irá para os afectados pola DANA
A xira 'Ameri World Tour' traerá ao arxentino de volta a Galicia o 12 de outubro de 2025, cun concerto no Coliseum da Coruña.
O artista arxentino Duki actuará en Sevilla, A Coruña, Barcelona e Madrid en outubro de 2025 no marco da súa xira 'Ameri World Tour', e doará "unha parte dos ingresos de cada entrada" para axudar a persoas afectadas pola DANA.
Duki actuará o 10 de outubro no Live Surt Stadium de Sevilla, o 12 no Coliseum da Coruña, o 24 no Palau Sant Jordi de Barcelona e o 29 de outubro no Wizink Center de Madrid, e as entradas poranse á venda este venres, informou este luns a promotora Live Nation nun comunicado.
O artista arxentino acaba de publicar o seu álbum 'Ameri', no que conta con 15 colaboracións como as de Bizarrap, Morade, Judeline, Lia Kali, Myke Towers e Wiz Khalifa, entre outros, e a xira 'Ameri World Tour' pasará por 15 países.
Escribe o teu comentario