A tortilla máis grande do mundo é de Melide! 15.000 ovos, 1.700 quilos de patacas, 300 litros de aceite...

70 persoas fixeron falta para darlle a volta a este mastodonte que deixou satisfeitos a todos os estómagos melidenses.


|

Melide
Foto: Concello de Melide

 

Este domingo 15 de setembro Melide foi a tixola de España. Non, non era pola calor -que tamén-, senón porque, literalmente, non había tixola en toda a pel de touro que puidese competir coa de Melide, cun diámetro sen par e lista para dar para comer a todo o municipio co reto de conseguir a tortilla de pataca e ovo campeiro máis grande da historia. Esta tortilla de marca foi exposta na localidade galega e o obxectivo cumpriuse para alegría dos miles de curiosos que, co tenedor na man, esperaban alcanzar esa meta e fincarlle o dente a un prato de lenda.

 

O monstro pesaba nada menos que 8 toneladas que acabaron no prato de todos os que se achegaron a ver esta obra de arte da gastronomía nacional e para a que fixeron falta 15.000 ovos, 1.700 quilos de patacas, 300 litros de aceite e 30 quilos de sal. Para o xiro da tixola fixeron falta 140 brazos, os dos 70 esforzados levantadores que lle deron a volta á tortilla tras 4 horas de traballo entre fogóns. 

 

Entre debates sobre si debe levar cebola ou non e os que discuten si está mellor con chourizo ou con atún, o certo é que todos quedaron contentos co sabor, coa cor e coa textura deste mazacote que, desde hoxe, ten a honra de ser a máis grande da súa categoría ao deixar en caixóns máis baixos deste pódium a Vitoria e Bogotá. Cuestión de ovos, supoño.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE