Como seguir os concertos do Festival de Ortigueira desde o móbil ou o computador

Retransmisións de concertos en directo a través das plataformas dixitais.


|

Au0301lvaro Ramil Festival de Ortigueira 2023
Foto: Festival de Ortigueira

 

Este ano non podes gozar todos os días do Festival de Ortigueira? Ímosche a botar de menos. Por sorte, este ano o Festival pono máis fácil para aqueles con compromisos que, por unha cousa ou outra, teñan que saltar un ou dous concertos. Só necesitan un teléfono ou un computador a man para poder seguir as actuacións máis destacadas do festival de música celta. 

 

Con máis de catro décadas de historia ás súas costas, o festival actualizouse e agora miles de fans poden seguir a súa rica programación desde a distancia. A plataforma musical galega Tolemias será encárgaa de retransmitir as actuacións música folk e celta, tanto a través da web como na app de Tolemias. 

 

O concerto das viguesas Fillas de Cassandra será un dos que se retransmitirán en directo por este sistema, pero non o único, xa que tamén no perfil de Instagram do festi poderase seguir o Festival na Rúa.

 

 

"Esta iniciativa permite aos miles de seguidores do Festival experimentar a máxica atmosfera que se crea enchendo as rúas de Ortigueira cunha mestura de sons, vestimentas, cores e tradicións", indican os organizadores, que convidan a todos a seguir esta cita a partir de mañá, xoves 11 de xullo, até o domingo 14, cando botarán a persiana até o ano que vén.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE