'Ourense polo seu nome': unha protesta da Mesa na cidade termal pola "toponimia lexítima e oficial"

A organización denuncia o uso de topónimos deturpados en todo o territorio. 


|

Unnamed (15)

 

Orense por aquí, Orense por alá. Até representantes políticos chamando á cidade de As Burgas por un nome que non respecta a única toponimia lexítima, oficial e legal, que é Ourense. Con tanto descoidado, interesado ou non, A Mesa pola Normalización Lingüística convocou unha mobilización para o próximo 1 de xullo ás 11:45 horas fronte aos xulgados da cidade en defensa do nome propio de Ourense.

 

A protesta hai que enmarcala na chamada para declarar xudicialmente dunhas persoas que actuaron sobre un valo que "promovía a deturpación do nome da cidade", afirman desde A Mesa. Podería tratar dun dos carteis da plataforma 'Falamos Español', unha inicitiva que estivo presente noutras localidades como A Coruña ou Sanxenxo.

 

774933449 242663704 1706x960
Foto: A Mesa

 

Marcos Maceira, presidente da entidade, anima á cidadanía a participar na protesta asinando o manifesto que xa circula por redes. "As campañas recorrentes contra a toponimia galega son un ataque á nosa dignidade colectiva que non podemos admitir e sobre as que, en moitas ocasións, participan directamente organismos públicos", lamenta Maceira, á vez que puntualiza a "frecuencia" con que a vulneración chegan "desde institucións públicas" co uso de Lage, Mugía ou Santa Eugenia.

 

Maceira lembra que o artigo 10 da Lei 3/1983 de Normalización Lingüística recolle que "os toponimos de Galicia terán como única forma oficial a galega". "O acordo da sociedade galega respecto á denominación dos nomes dos lugares é unánime e só é cuestinado desde postulados ideolóxicos que desde o supremacismo lingüístico e cultural pretenden, desde fóra, sementar a división e o enfrontamento no noso país, atacando calquera expresión de identificación da sociedade galega consigo mesma, coa súa lingua e coa súa forma de denominar todos os espazos do seu territorio", censuran desde a organizaicón. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE