Volve o Festivas dás Carrilanas de Esteiro: Tanxugueiras, Sidecars, The Rapants, Monda, Galician Army...

Tres días de música do 19 ao 21 de xullo con motivo da celebración da XXXV Edición do Gran Prix das Carrilanas de Esteiro.


|

WhatsApp Image 2024 06 22 at 11.28.37
Tanxugueiras, Sidecars, The Rapants e Mondra

 

Música sen freos, como os vólidos que ciculan pola Costa do Maio de Esteiro, no Festival dás Carrilanas o próximo mes de xullo. Do 19 ao 21 do sétimo mes do ano celébrase, e con motivo do Gran Prix, o Festival dás Carrilanas en Esteiro , Muros, un evento indisociable das carreiras nunha festa declarada de Interese Turístico Nacional e que ten na música un dos seus moitos atractivos. 

 

O primeiro avance do cartel deixa ás claras dous valores desta cita: o potencial deste festival e a aposta decidida da organización polos grupos do país. Así, atopamos entre as cabezas de cartel a grupos de primeira orde do panorama musical galego, como Tanxugueiras, The Rapants, Mondra ou Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, ademais dos madrileños Sidecars, que farán as delicias dos amantes da velocidade nun festival con entrada gratuíta. 

 

Capital Voskov, Monoulious DOP, Lontreira e Galician Army completan este primeiro avance do cartel muradán, que contará con tres escenarios para dar acubillo aos máis de 30.000 asistentes que se esperan para esta edición, despois dos 35.000 que se arrimaron o pasado 2023. Neste 2024 cúmprense 35 edicións de coches artesanais voando por Esteiro, polo que se espera unha gran asistencia para ver as carrilanas infantís, as lentas e as rápidas, a xoia da coroa da festa.

 

Esteiro carrilanas festival
Esteiro carrilanas festival

 

Desde a organización, a ADC Esteirana de Carrilanas advirte que aínda quedan máis nomes por anunciar para estes tres días de música, artesanía, tradición, competición e cultura, polo que animan aos interesados a facer socios da entidade, xa que esta condición permitirá ter acceso prioritario durante os concertos de noite e mediodía, con música tamén na Alameda de Esteiro, onde tamén se situará o espazo para as actividades infantís e o tradicional mercado de artesanía, que alcanza xa a súa V Edición. 
 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE