Anxo Angueira ingresa este sábado na Real Academia Galega cunha sesión pública en Padrón
Anxo Angueira Viturro é profesor titular da área de filoloxías galega e portuguesa da Universidade de Vigo e centra os seus estudos na xénese e nas características do Rexurdimento
Anxo Angueira Viturro (Dodro, 1961) ingresará na Real Academia Galega (#RAG) nunha sesión extraordinaria pública que terá lugar este sábado, 27 de abril, no auditorio municipal de Padrón, a partir das 12,00 horas.
O profesor da Universidade de Vigo e escritor, actual presidente da Fundación Rosalía de Castro, pronunciará o discurso titulado 'I é a noite, i é a aurora. A poética dá luz de Rosalía de Castro', ao que lle dará resposta en nome da institución académica Chus Pato.
A entrada é libre até completar a capacidade da sala. A sesión, organizada co apoio da Deputación da Coruña e do Concello de Padrón, poderá seguir tamén en directo desde academia.gal.
Anxo Angueira Viturro é profesor titular da área de filoloxías galega e portuguesa da Universidade de Vigo e centra os seus estudos na xénese e nas características do Rexurdimento.
Escribe o teu comentario