Avance do Trece Roeis Fest: Soziedad Alkoholika, Sôber, Sara Socas, Fillas de Cassandra, Rebeliom do Inframundo...

O festival de Pantón despedirá o mes de agosto con dous días de música no corazón de Terra de Lemos.


|

WhatsApp Image 2024 04 03 at 6.56.47 PM
Sôber, Sara Socas, Fillas de Cassandra e Soziedad Alkoholika

 

Non é habitual querer que se acabe o verán. O normal é querer que chegue canto antes, pero cando botamos unha ollada ao cartel que preparan no Trece Roeis Fest, as ganas de que cheguen os últimos días de agosto son superiores a todo o demais. E é que o festival de Pantón promete superar unha edición máis coa súa inconfundible mestura de rap, hard rock, metal, tradi e todo o que lle boten ao puchero desta cita ineludible para os máis festivaleros.

 

Para os días 30 e 31 de agosto, a Terra de Lemos chegarán o mellor do panorama nacional e do país. Para encabezar o cartel, a organización confirmou a dúas bandas irredutibles como son Soziedad Alkoholika e Sôber, estes últimos na súa xira polo XXX aniversario da formación madrileña. A esas doses de punk e metal hai que engadir a Sara Socas. A canaria é unha das voces máis frescas do hip-hop nacional e tanto as súas improvisacións como as súas cancións cativaron os oídos do mundo. 

 

Haberá, como non podía ser doutra forma, oco para os grupos locais. Os lucenses de Arrhytmia farán as delicias do público xogando como local, pero tamén Rebeliom do Inframundo ou Fillas de Cassandra, aínda que procedentes do bloque occidental da comunidade, sentirán como en casa coa calor do público a esa beira da Ribeira Sacra.

 

 

Pauliña, Biscaíño, Festicultores Troupe, TIAM GZ, Amoebo e Exeria completan esta primeira cucharadita dun cartel que promete incorporar máis nomes relevantes proximamente, cos primeiros abonos xa á venda e voando a un ritmo de vertixe. Esta V Edición vai ser máis grande que nunca. Se este ano o verán pásasenos rápido, non pasa nada, antes chegará o Trece Roeis Fest. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE