Fillas de Cassandra e Tanxugueiras xuntas no tema 'Quen é a que canta?'

A colaboración supón unha unión artística moi esperada entre dúas das agrupacións musicais máis importantes de Galicia dos últimos tempos


|

Tanxugueiras y Fillas de Cassandra
 

Fillas de Cassandra e Tanxugueiras unen forzas e estrean este venres o tema 'Quen é a que canta?', unha oda á nenez e ás relacións de amizade que crecen cómplices entre amigas, pero tamén ao "descubrimento deses monstros e desas fadas".

Segundo explican nun comunicado, no single móstrase a infancia como un lugar tenro e sorpresivo, "onde todo é novo e tamén, por ese motivo, desconcertante".

A colaboración supón unha unión artística moi esperada entre dúas das agrupacións musicais máis importantes de Galicia dos últimos tempos.

Destacan que o tema anima a facer o exercicio de "#atopar nos ollos da nena que fomos e facernos sentir orgullosas do que somos hoxe".

"En Quen é a que canta? as nosas nenas internas mírannos con orgullo desde dentro, á vez que rendemos tamén homenaxe ás nosas nenas pasadas, ás que algún día fomos e que souberon soñar na soidade dos seus cuartos con todo o que agora somos e vivimos", explican Aida, María, Olaia, Sabela e Sara.

A idea do xogo de palmas, presente tanto na canción como no vídeo do que se acompaña, funciona aquí como "síntese dun tempo idílico que queda conxelado na memoria".

"Fronte á tensión, ansiedade aos medos do mundo adulto, sobrevive ese recordo como un espazo seguro ao que volvemos para sanar e reconciliarnos connosco mesmas", apuntan as artistas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE