Elane e as súas 'Costuras do Karma' aterrarán o 12 de abril na Sala Malavida da Coruña

A MC leridana chega á cidade herculina para presentar o seu último EP.


|

ELANE foto 2 (c) Martina Lynk
Elane

 

A base de empeño e talento, o nome de Elane abriuse un oco máis que merecido na primeira plana do hip hop nacional. A artista catalá é unha das voces máis puxantes do panorama e o seu último EP, 'Costuras do Karma', é unha proba do que é capaz de facer cun micro cando soan os ritmos.

 

Con esta proposta chega de Lleida á Sala Malavida da Coruña, onde ofrecerá un concerto o próximo 12 de abril na súa primeira visita á comunidade para presentar este último traballo, onde aborda temas como o feminismo, a influencia das redes ou o deseamor, aspectos que adquiren unha carga maior tras a desgarrada voz de Elane, que segue coa súa xira de presentación.

 

GiraSalas

 

"Ao longo de 5 temas, todos moi diferentes entre si, Elane fai alarde da súa habilidade para fusionar estilos e experimentar con novos sons", sinalan os organizadores sobre este traballo no que Elane trata de porlle os puntos de sutura a "todas as feridas que se están pechando".  

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE