A Xunta rectifica e elimina os topónimos deturpados dos correos da Atriga, celebra A Mesa
A organización de defensa da lingua festexa que, tras moitas denuncias, o Goberno de Galicia tome a decisión.
A Mesa pola Normalización Lingüística celebrou que a Xunta "rectificase" e eliminase os topónimos deturpados dos correos electrónicos oficiais das oficinas liquidadoras.
Nun comunicado remitido aos medios, A Mesa sinala que, despois da protesta presentada a través do servizo A Liña do Galego, a Xunta remitiu ás traballadoras e traballadoras da entidade pública unha nova lista de corros cos topónimos oficiais.
Para A Mesa, a rectificación da Atriga, entidade pública "ao servizo do interese da Comunidade autónoma de Galicia", é un novo éxito da cidadanía galega contra os continuos ataques ao galego.
"Ataques", lamenta o presidente da Mesa, Marcos Maceira, "que veñen mesmo das institucións que deben defendela". "A Xunta está a permitir", sinala, "cando non os exerce directamente, ataques á lexislación que debe facer cumprir, entre os que se atopan a Lei de normalización lingüística, o Decreto para a recuperación e fixación da toponimia, o decreto polo que se aproba o nomenclator ou mesmas sentenzas xudiciais.
A Mesa explicou que conta cun servizo gratuíto para tramitar queixas ante a vulneración dos dereitos lingüísticos, así como para felicitar a quen dos pasos cara á garantía do dereito a vivir en galego.
Trátase da Liña do Galego, dispoñible tanto na web como a través dunha app de descarga gratuíta, en iTunes e Google Play.
Escribe o teu comentario