A épica de abarrotar a Sala Capitol en 15 minutos ou como o efecto 'The Rapants' rebenta os despachos de billetes

A banda de Muros colga o 'Non hai billetes' pero anuncia unha segunda data para o 24 de marzo.


|

The Rapants 2 u00a9 Andrea Freckleseye (1)
The Rapants 2 u00a9 Andrea Freckleseye (1)

 

Moitos o tentaron, pero poucos o conseguiron. Poucos para a altísima demanda que houbo, porque encher un espazo mítico como o da Sala Capitol non é nin moito menos sinxelo, pero 'The Rapants' pode presumir xa de habelo logrado...en só 15 minutos! 'A máquina do bo rolo', que pronto verá a luz, xa ten o seu primeiro fito.

 

E é que os muradáns colgaron o cartel de 'Non hai billetes' para a súa estrea o próximo 23 de marzo na sala compostelá. Así as cousas, e con tanta xente na porta sen a súa entrada, non lles quedou máis remedio que anunciar unha segunda data para o día seguinte, domingo 24 de marzo 

 

 

As entradas para esta segunda data estarán á venda o vindeiro luns 5 de febreiro ás 12 horas en Ataquilla.com. As previsións son que, como ocorreu este venres, só os máis madrugadores e afortunados poidan levar un dos cobizados pases dourados que dan acceso ao conicerto. 

 

'Blaster W4u' tamén acumula miles de reproducións na primeiro pincelada do novo traballo de 'The Rapants', que xa están anunciados para formar parte do cartel de festivais míticos como o Ouren Sound, PortAmérica, Sorrías ou Osa do Mar. Unha máquina do bo rolo que non para e que marcará o verán. 

 

 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE