Pancho Varona actuará en Santiago e Ourense os días 15 e 16 de marzo
O Riquela Club ás 21 horas e o Teatro Principal ás 20 horas acollerán os conicertos da capital galega e a cidade termal.
Pancho Varona pasará por Galicia coa súa nova xira e fará parada en Santiago de Compostela, o 15 de marzo, e en Ourense ao día seguinte, o 16 de marzo.
O concerto da capital celebrarase no Riquela Club ás 21,00 horas; e en Ourense, no Teatro Principal ás 20,00 horas. Para ambos os espectáculos pódense retirar as entradas na páxina web de ataquilla.com
"Varona compartirá as historias que deron vida a cancións inesquecibles, ofrecendo unha experiencia que vai máis aló da música. Un verdadeiro diálogo entre o artista e o seu público, por isto poderedes saber algo máis delas, como, cando ou onde naceron", explican os responsables nun comunicado.
Apuntan ademais que "non só soarán grandes éxitos", senón que Varona sacará tamén do baúl as Caras B, "dándolles a súa merecida homenaxe, nunha celebración da profundidade e diversidade da súa obra".
Escribe o teu comentario