O décimo aniversario do Festival A Candeloria terá a Zoo, Os Chikos do Millo ou Talco como cabezas de cartel

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo albergará os concertos do festival, que celebra xa o seu X Edición. 


|

FrMvUUVWIAMRf 8
Soziedad Alkoholika | Foto: A Candeloria

 

Tan rompedores e desenfreados como o primeiro día, na organización da Candeloria preparan para 2024 a que será a súa edición máis especial até a data, pois se abonan ás dobres cifras para celebrar o décimo aniversario desta cita que reune en Lugo aos mellores grupos do rock, o rap ou o ska nacional e internacional. Cos días 1 e 2 de marzo marcados en vermello no calendario, o festival conquistará de novo os oidos do gran público no Pazo de Feiras e Congresos da cidade amurallada.

 

O cartel non pode resultar máis sedutor. Para a xornada inaugural o festival ten a Zoo como principal atractivo desta festa aniversario. Os valencianos, uns habituais dos festivais galegos, só pisarán esta comunidade o próximo ano para actuar na Candeloria e soprar as dez velas, polo que os fans só terán esta oportunidade para gozar da súa música. Os levantinos estarán ben flanqueados en todo caso por Rebeliom do Inframundo, Familia Caamagno, Kamikazes, Ira, Jordi Pánico ou Pigs Parlament

 

413946361 913304710365691 8542357744011531124 n

 

Xa para a despedida do sábado, no festival propiamente dito, serán os vitorianos de Soziedad Alkoholika ou o dúo valenciano Os Chikos do Millo os pratos fortes dunha xornada que coroarán os italianos Talco ou Mafalda, tamén chegados desde o Turia e que se despiden este ano dos escenarios. 

 

Arrythmia, Tribade, Me Fritos and The Gimme Cheetos e a Duendeneta, que se desprazará até Lugo para pór a todos a bailar nun evento que contará coa súa sesión vermú ou os seus cantos de taberna. As entradas xa están á venda e as cartas sobre a mesa. A Candeloria non decepciona e en 2024 hai moito que celebrar.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE