Paco Nogueiras amenizará os Santos Inocentes co seu show no Corte Inglés de Vigo
Este xoves 28 de decembro terá lugar o espectáculo 'Brinca vai, de aquí a acolá' na superficie comercial viguesa.
Paco Nogueiras é todo un home orquestra. Canta, toca, baila, salta... O bo humor que transmite alegra o día a calquera e, nunha data como a do 28 de decembro, onde a guasa espera detrás de calquera esquina, a súa música será a protagonista da xornada no Corte Inglés de Vigo.
Nogueiras visitará os grandes almacéns olívicos mañá, ás 19 horas, para presentar o seu último show, 'Brinca vai, de aquí a acolá'. A experiencia, dirixida por este actor e músico, terá lugar no restaurante do centro, na sétima planta.

Coas súas cancións, animacións e interpretacións a ritmos desternillantes, Nogeuiras propón, xunto á súa amante 'Máquina', "un divertidísimo viaxe chea de humor, baile e cancións". "As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samaín, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe", comentan os organizadores, que convidan aos interesados a inscribir no correo electrónico de eventosvigo@elcorteingles.es antes de que se esgoten as prazas dispoñibles.
Escribe o teu comentario