A Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, dispoñible para visitar tamén virtualmente
A entidade transfronteiriza permite aos usuarios acudir á XIV Edición da mostra de maneira dixital
A XIV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico reúne na súa última edición 25 obras de artistas de Galicia e o Norte de Portugal. Os mellores pinceis de ambos os lados de 'A Raia' danse cita neste evento, un dos selos do Eixo, que espertou o interese de moitos artistas e que agora está dispoñible para todos os públicos a distancia dun click
Sen movernos do sofá, podemos gozar das pinturas da exposición, completadas cunha ficha na que se incorporan os datos da obra e do autor ou autora da peza. As 25 pezas seleccionadas foron metodicamente escollidas entre as 104 obras inscritas no concurso. Helena Mendes Pereira, presidenta do xurado, Sara Pérez Bello, designada pola Xunta de Galicia, João Ribeiro dá Silva, designado pola Direção Rexional de Cultura do Norte, Patrícia Oliveira, designada polo Instituto Português do Desporto e dá
Juventude, e Perico Senna, gañador da XIII Bienal, encargáronse de facer a elección de cadros.
"A exposición da XIV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico inaugurouse o 23 de novembro no Vello Cárcere de Lugo, onde se poderá visitar até o 30 de decembro", sinalan desde a entidade, á vez que lembran que a partir de xaneiro a exposición iniciará un tour que a levará por Braga, Bragança, Maia, Ribeira, Felgueiras, Vila Real, Vila Nova de Gaia, Barcelos e Monforte de Lemos.
Escribe o teu comentario