Festival Resesas 2024: catro días de música, do 12 ao 15 de setembro, para pechar o verán en Vilaxoán

Os festivaleros teñen unha cita os días 12, 13, 14 e 15 de setembro cun dos festivais máis grandes e esperados de Galicia.


|

Revenidas
Foto: Resesas

 

O verán de 2024 promete, e promete pór fin ao grande en Vilaxoán . Como cada ano, a localidade arousá será a capital mundial da música durante catro días, do 12 ao 15 de setembro, coa celebración dunha nova edición do Festival Resesas, un símbolo do panorama festivalero e cultural do país. 

 

A chaira do porto e o parque de Dona Concha serán, de novo, o recinto encargado de recoller aos amantes da mellor música, cunha programación que, como en anos anteriores, seguro contará cos artistas máis reclamados do panorama internacional, nacional e galego. 

 

 

Aínda non se coñece nada da composición dun cartel que desde a organización xa avanzan que se desvelará parcialmente nos próximos días, respectando selos do festival como a paridade de xénero ou a presenza de linguas minorizadas. 

 

Ao tempo, anuncian que os primeiros abonos estarán pronto á venda para gozar non só da música, senón tamén das actividades paralelas que acompañan a esta festa que contará coa sardiñada tradicional, o concerto a bordo ou a Gala de Circo Solidaria. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE