Pesar na Coruña, en Twitter e no mundo das letras pola morte de Miguel López, 'O Hematocrítico'

A editorial Xerais expresou o seu pesar polo falecemento do escritor coruñés Miguel López, coñecido en redes sociais como 'O Hematocrítico', e avanza que haberá actos para despedir ao autor. Así, calquera persoa que o desexe pode enviar as súas condolencias ao correo hematocritico.actividades@gmail.com.


|

O mundo da cultura mostrou nas últimas horas a súa tristeza polo falecemento de Miguel López, máis coñecido pola súa actividade en redes sociais e as súas obras literarias.

 

Coa editorial Xerais publicou 17 traballos. Desde asínana trasladaron o "agarimo á familia e amizades do escritor, mestre e divulgador".

 

El hematocritico
Foto: RTVE

 

A editorial Xerais expresou o seu pesar polo falecemento do escritor coruñés Miguel López, coñecido en redes sociais como 'O Hematocrítico', e avanza que haberá actos para despedir ao autor. Así, calquera persoa que o desexe pode enviar as súas condolencias ao correo hematocritico.actividades@gmail.com.

A través dun comunicado, Xerais transmite todo o seu "agarimo á familia e amizades do escritor, mestre e divulgador", á vez que pide respecto "neste momento de dor".

A editorial destaca o humor como "elemento común" da súa obra, que "achegou a lectura a toda unha xeración". O seu estilo "desenfadado" e o modo en que "conectaba cos intereses e códigos dos nenos e nenas deixa un recordo inesquecible en todas as persoas que o coñeceron".

Miguel López tiña 17 obras no catálogo de Xerais. Fai tan só unhas semanas, chegaba á libraría 'Caramomia', unha obra conxunta que o autor asinaba xunto coa autora viguesa Ledicia Costas (a súa parella), Daniel Landesa e María Lado, ilustrada por Martín Romeu, que foi escrita durante a pandemia.

"Lembrarémosche sempre cun sorriso. Grazas, Hemato", conclúe o comunicado de Xerais.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE