A obra Prima Facie leva o Premio do Público no FIOT de Carballo
A peza conta coa actriz Vicky Luengo como protagonista absoluta
A 32ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo outorgou o Premio do Público 2023 á obra Prima Facie, de Producións Teatrais Contemporánas, cuxo estrea en Galicia foi no FIOT.
Segundo informou a organización do festival, a obra foi recoñecida polos asistentes como a proposta máis destacable deste ano que alcanzou unha puntuación total de 4,75 sobre 5 puntos.
A peza, un texto asinado por Suzie Miller e dirixido polo peruano Juan Carlos Fisher, conta coa actriz Vicky Luengo como protagonista absoluta.
Obtivo tamén unha "puntuación notable" Apaga ou candil, a coprodución do FIOT coa Compañía Contraproduccións sobre o narrador oral Carlos Díaz, 'O Xestal', así como A comedia dos erros, producida polo Festival de Teatro Clásico de Mérida e Mixtolobo, peza que pechou o Programa de sala desta edición.
A programación desta edición alcanzou a "puntuación máis alta da súa historia", ao obter 4,49 puntos sobre o cinco posibles. Baixo a lema "(in)trasixentes", o FIOT apostou pola integración, a transversalidade e a defensa do teatro social como instrumento para a reflexión, diálogo sobre a realidade e concienciación.
Nesta edición, celebrada entre o 28 de setembro e o 31 de outubro, acudiron máis de 14.000 persoa ás funcións ou ás actividades paralelas.
Os 39 espectáculos, que se representaron en 62 funcións, contaron con 7.137 espectadores que sumaron unha ocupación do 93,19% sobre o total posible no programa de exhibición. Nas máis de 20 actividades paralelas organizdas polo FIOT participaron máis de 7.480 persoas.
Escribe o teu comentario