O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) que se celebra na localidade de Carballo destaca non só pola súa calidade teatral, senón que é un evento que busca provocar que o espectador pase das butacas á escena e ensinar a mozas e adultos como é o traballo detrás dunha obra teatral. Pero sobre todo o festival pretende ser un berro unánime contra a violencia machista e polo dereitos LGTBI.
Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Darriba, o Festival Internacional de Outono de Teatro-FIOT, o grupo A Roda, o Festival de Cans, Antón Santamarina, a Asociación O Sorriso de Daniel e Ramón Villares son os galardoados dos Premios da Cultura Galega 2018.