Tanxugueiras colabora no novo disco de Hard Gz en 'Sangue'

Trátase dunha canción que vai no novo álbum de Hard Gz, 'Lacosta', centrada no mar e na vida mariñeira


|

Tanxugueiras
Arquivo - Tanxugueiras

O grupo galego Tanxugueiras colaborará no novo disco de Hard Gz, concretamente en 'Sangue', no que as integrantes pon as súas voces, segundo informaron desde o selo discográfico.

 

Trátase dunha canción que vai no novo álbum de Hard Gz, 'Lacosta'. Centrada no mar e na vida mariñeira, continúa así co estilo do rapero, "describindo a súa realidade de maneira bela e crúa á vez".

 

O tema chega na recta final da xira de Tanxugueiras, que fará a súa penúltima parada o día 24 en Burgos . "E culminará esta prolífica etapa ao grande nun concerto fin de xira o 16 de decembro no Coliseum da Coruña".

Nas próximas semanas estarán a colaborar coa MODA, o 25 de novembro, e con Ryden , o 2 de decembro, en ambos os casos no Wizink Center de Madrid.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE